Álbum familiar de Verónica Mendonça da Costa. Torre del Bierzo, León. 1987

Álbum familiar de Verónica Mendonça da Costa

Torre del Bierzo, León. 1987

Antes tódolos caboverdianos que había en Bembibre vivían en Torre porque traballaban todos na minería. É a mina máis próxima. Viloria, Brañuela, que é onde traballou meu pai 25 anos, e A Silva que é tamén onde había moitos caboverdianos e, claro, todos vivían en Torre. Cando ía economicamente un pouquiño mellor, todos a Bembibre, e ao final vaste. Primeiro pasou con Bembibre, Ponferrada algúns, e despois algunha xente foi a Alacante, a maioría a Torre Vieja polo clima, sobre todo a xente que comezaba xubilar, e pola silicose. Outros se foron para Madrid pensando nas oportunidades de traballo dos fillos, porque no Bierzo non había nada.