Finalista no Jardim Girassol
Álbum familiar de Elisangela Diana Coelho Gomes Lopes
Calheta de São Miguel, Cabo Verde, 2001
Miña nai era profesora de primaria en Cabo Verde. Practicamente daba todos os cursos a partir de 3º. Esta foto foi o dia da “finalista” da miña irmá. En Cabo Verde teñen costume de, cando acabas unha etapa do cole, como 6º de infantil, facer unha festa de “finalista”, e vai unha persoa poñerte unha “fita” e darche o diploma. Ese día estaba miña nai, Mª Segunda, a nena que ten a fita chámase Ercy, que é a miña irmá mediana; e quen lle puxo a fita foi outra irmá mais pequena, chamada Graciete.