O Bronx
Gilda Silva Andrade
Bembibre, León. 2023
- Este é o edificio dos negros, diciámoslle o Bronx. Vivían alí todas. En case todos os pisos vivían negros. Todo o mundo pasou por esas casas, por ese edificio.
- Si, eu lembro de ir alí.- Nós aquí non tiñamos problema.
- É que non sei por que ao final todos vivían aí.
- Non, a cousa aquí é que os caboverdianos foron mellor acollidos que os portugueses. Todo o mundo dicíache, por exemplo, o meu sogro contaba, dicíame que era unha comunidade super unida e moi respectuosa.
- Moi pagadora, que é o que lles interesaba.
- Sí, os caboverdianos foron sempre moi pagadores. E ti pregúntaslle a calquera mineiro e sempre che van a dicir algo bo dos caboverdianos. Traballadores, honestos, e tal. En cambio, os portugueses, viñan aquí os de Tras-Móntesvos
-, e dicían: eses sen civilizar, sabes?