Na fonte das casas baratas

Elisangela Diana Coelho Gomes Lopes

Burela, Lugo. 2023

As nenas están a xogar aí, na praza de casas baratas. Foron casas de protección, non hai pisos. Alí vive xente maior. Pasamos por aquí para ir á nosa casa. Agora estou a facer prácticas nunha xestoría, é o que me gusta, ademais podo ir recoller as nenas ao colexio e estar polas tardes con elas, pero antes traballei en hostalería, cociña, bar, cociña, bar...