Álbum familiar de Elisangela Diana Coelho Gomes Lopes
Calheta de São Miguel, Cabo Verde. 2001
É a festa de cumpreanos das miñas dúas irmás, porque cumpren moi seguido no mes de xuño, entón a miña nai aproveitaba e o día 20 invitaba a todos os sobriños, primos, e facía unha tarta e mercaba pouca cousa, salvo palomitas en crudo, torreznos e facía unhas pizzas caseiras, e invitaba a todos e cantábamos. Aí estabamos todos os primos, os veciños. Esa era a nosa casa, a que temos en Cabo Verde que agora xa parece que non ten moita cousa.