Álbum familiar de Elisangela Diana Coelho Gomes Lopes. Calheta de São Miguel, Cabo Verde. 2008

Álbum familiar de Elisangela Diana Coelho Gomes Lopes

Calheta de São Miguel, Cabo Verde. 2008

Esa é unha máquina de coser que tiña a miña tía antes. Non sei se a segue tendo porque xa fai tempo que non vou a Cabo Verde, pero era unha máquina que tiña e que utilizaba moito para facer os disfraces de entroido, as roupas e uniformes para ir ao cole, a roupa para ir a misa. Lembro que moitas veces facía roupa para as charangas de Cabo Verde, e pasabamos día e noite aí axudándolle a mellorar puntos, a medir, a cortar.