Permiso de residencia infantil, 1992
Archivo familiar de Antonina Semedo
Foto 1 de 2
Os fillos e fillas das migrantes caboverdianas, nacidas en territorio español, non gozaron da nacionalidade española ate o ano 1999, grazas ao labor do Proxecto Bogavante. Esta situación ocasionaba innumerábeis problemas á hora de viaxar ao estranxeiro e impedía o acceso a determinados beneficios sociais, véndose na obriga de renovacións periódicas. As persoas maiores deste grupo debían tramitar un permiso de traballo, tendo os seus dereitos laborais restrinxidos. (Texto: Mulleres á Fronte)