Álbum familiar de Gilda Silva Andrade
Bembibre, León. 1998
- Somos 6 e a miña nai criou a varios nenos. Un dos que está aquí, por exemplo, a nai traballaba interna en Madrid, o neno naceu en Cabo Verde, pero a nai tróuxoo para aquí e despois tiña o problema de non ter con quen deixalo. Por coidar del, si que lle pagaban algo. Isto facíase moito, porque aquí como que as familias xa estaban constituídas e tiñan unha estabilidade. Coidabas a nenos e pagábanche, pero claro, acababan chamando “mamá” á persoa...
- É que había a cultura de que as nais solteiras tiñan que traballar. E, claro, traballaban en Madrid. E as nais que si tiñan aquí unha familia cun marido que traballaba na mina pois elas só traballaban na casa...
- É que te vías afogada en Madrid cun neno, e entón ou o mandabas a Cabo Verde ou, ao final, pois acababan aquí. E despois no momento en que se estabilizaban ou tiñan a súa parella, o levaban.