Álbum familiar de Elisangela Diana Coelho Gomes Lopes. Calheta de São Miguel, Cabo Verde. 2003

Álbum familiar de Elisangela Diana Coelho Gomes Lopes

Calheta de São Miguel, Cabo Verde. 2003

Esta é a clase da miña irmá, a que vén tras de min, que aínda está en Cabo Verde. É a que leva o prato na man. Supoño que sería a festa do 1 de xuño, que é a festa das crianzas. Faise unha festa grande nos colexios e cada neno encárgase de levar algo: zume, auga, palomitas, biscoitos, vasos, pratos... Entón, cada clase celebra a súa propia festa e despois van visitando de clase en clase e compartindo comidas.