Nai

Neida Cabral Sousa

Bembibre, León. 2023

Nós eramos cinco e algunha tempada… tamén curmáns e a miña avoa. E a miña nai tamén coidaba a sobriños. Por exemplo, a miña curmá, filla da miña tía que traballaba de interna en Madrid. Estaba solteira e ía e viña para vela, quedaba tempadas. E despois o meu curmán Élder, fillo doutra tía que estaba en Madrid tamén de interna, el si que viviu tempo connosco. Eramos sete, oito, nove… dez e ás veces once. Así que a miña nai… como para traballar fóra de casa! Pero agora comezou traballar fóra. Traballa 2 ou 3 horas ao día, limpando nunha casa, pasando o ferro. O que gaña mándallo á miña avoa.