“Profesión: Doméstica”.
Certificado de inscrición consular, 1995
Arquivo familiar de María Sofía da Costa Tavares
Foto 1 de 2
As persoas caboverdianas dependeron dos Consulados portugueses para tramitar a súa documentación ate 1996, ano de instalación do Consulado de Cabo Verde en Madrid. A situación legal das mulleres caboverdianas no estado español supuxo a dependencia legal dos seus maridos, impedíndolles traballar de forma legal e con dereitos laborais, ate 1999, sendo consideradas “donas de casa”. (Texto: Mulleres á Fronte)