Os meus avós
Álbum familiar de Artemisa Delmar Semedo da Moura
Cabo Verde. 2005
Lembro a primeira vez que coñecín en persoa aos meus avós. Que felicidade poder verlles a cara despois de moitas cartas e chamadas telefónicas. A felicidade era saber que, aínda que fose a primeira vez que os vía, sentía que os coñecía de toda a vida. Nunca foi raro nin estraño. Todo o contrario.