A horta
María Sofía da Costa Tavares
Foz, Lugo. 2023
Este día tiña que quitar dous regos de batata. É na miña horta. Agora de inverno só botei os grelos, as nabizas, pero a partir de marzo é cando traballo máis, ata o verán. Aquí en Burela todos os caboverdianos que teñen un anaco de terra para labrar sempre poñen batata. O costume. É unha parte da comida típica de alá, igual que o millo. Dáse ben.