Na casa da avoa
María Sofía da Costa Tavares
Burela, Lugo. 2023
Están na cociña da miña nai. Esta é a miña sobriña que está a vivir coa miña nai e esta é unha familiar nosa. A miña nai segue coidando. Dúas sobriñas viven con ela e a miña irmá, porque a miña irmá traballa e polas tardes queda a miña nai con elas. Cando veño para aquí pois xa as levo a baloncesto, imos ao parque, máis que nada para quitarlle carga de traballo a ela. Cando nos xuntamos chegamos a ser 13 ou 14 en casa, somos moitos. A miña nai coida destas nenas e doutros nenos, curmáns segundos ou terceiros, de familiares.