Álbum familiar de Naira Pereira Lopes
Zaragoza. 2000
Esta foto é do bautizo do meu irmán pequeno, aquí en Zaragoza. Non é exactamente un bautizo, é o que lle chaman “cristom”. Cando nacen póñenlle unha madriña e un padriño, como no bautizo, máis ou menos, pero aos 7 días de nacer. Fáiselle a cruz con cera, coa cera dunha vela e rézase. Faise en casa. Eu só estiven nun. Recordo que estaban as madriñas e despois de cantar, apagaron as luces para quedarnos só coa luz das velas. E xa a nai dixo: “entrégoche á miña filla porque confío en ti para que a coides…”, o que se adoita dicir.