Abraza as túas raíces

María Sofía da Costa

Tavares

Foz, 2024

A inspiración para esta foto veu dun dos meus recordos da adolescencia. Foi a primeira vez que viaxamos a Francia coa miña nai para coñecer aos meus tíos. A maioría dos meus curmáns tiñan unha idade semellante á nosa, pero sorprendeume que ningún soubese falar "Kriolu", ademais do francés, e non entendíamos nada do que dicían, porque os seus pais non lles ensinaran a lingua dende nenos! Cada época, cada xeración é diferente. A partir desa experiencia pensei que, nun futuro, non lle cortaría esa parte das raíces aos meus fillos. Para min, ensinarlles a lingua materna, dos avós e pais, a súa cultura, música, gastronomía… forma parte de nós e enriquécenos.