Álbum familiar de Verónica Mendonça da Costa
Sāo Domingo. Praia, Cabo Verde, 2002
É o pobo dos meus pais. Ti imaxina, sen auga, sen luz… claro, ti cando chegas aí de pequeniña... sorprendeunos moito, pero tampouco tanto porque a miña nai toda a vida comentóunolo: é que non hai auga, non hai luz, non hai baño, tes que ir a… eramos pequeniñas e xa o sabiamos. Esta é unha foto moi boa da miña irmá Marisa e a miña irmá Nin con tres dos nosos avós. A miña avoa Gina, ela era a matriarca de toda a familia.