O porto dende a casa da miña nai

María Sofía da Costa Tavares

Burela, Lugo. 2023

Saquei esta foto xusto no portal da casa da miña nai. Miña nai está cobrando a pensión por viuvez, pero traballou no seu momento. Traballou en restaurantes, recollendo caracois, de redeira, nas algas ¿de que máis? a ver se me lembro, traballou en tantas cousas...