Álbum familiar de Gilda Silva Andrade
Tarrafal, Cabo Verde. Años 2000
É a miña nai de visita en Cabo Verde. Ela veu a España no ano 85. Eu quedara coa miña avoa e co meu pai. A miña avoa era a responsable de min, o meu pai traballaba de noite e eu encargábame dos meus catro irmáns. Eu vestíalles, ía e viña. Son a segunda, pero tocábame exercer de irmá maior. A miña nai, nunha das viaxes que foi para alí, non era a súa intención traerme, pero a miña avoa pediullo porque eu xa estaba criada e dicía: sácama, sácama. A miña nai viña de traballar, pero viña co xustiño para estar alí. Lémbrome, levaba unha cadea de ouro, un anel e deume o que levaba para poder comprarme o billete.