Álbum familiar de Eunisia Mendes Lopes
Cabo Verde. Casa de emigrante. Anos 2000
- Os nosos pais non fixeron casa alí.
- Eu díxenlles que nin se lles ocorrese. Para que? Eu non vou ir vivir. Faina aquí.
- Se queres ir, xa te buscas a vida e xa vas.
- É unha bobada, fai a túa casa onde vives.
- Os que fan casas alá fano coa ilusión de que é a súa terra. O meu pai vive desa ilusión de ter unha casa na súa terra e por iso ten xa dúas. Él investiu en Cabo Verde porque é a súa ilusión, pero todos os seus fillos están emigrados, e alí non te vas a quedar. Eu non vou ir vivir alí tendo aos meus fillos aquí, que deica pouco terán netos, adáptaste.