Álbum familiar de María Sofía da Costa Tavares
Lugar no conocido. 1979
Esta foto encántame, é moi fermosa. Son os meus pais. Non sei se sería en Portugal ou aquí. O meu pai cando emigrou estivo en Portugal, en Zaragoza, en León e no País Vasco antes de vir aquí. Pero esta foto non sei onde, nin por que a sacaron. A miña nai non foi con el. El emigrou antes que ela. Veu aos tres ou catro anos de estar el en Burela.